18/05/12
Maio, dia 18 - Aniversario da Federación Galega de Béisbol
Mais ou menos sobre as 14,30 horas do día 18 de maio de 1989, tras unha conversa bastante longa en San Caetano, o director xeral correspondente asinaba o visto e prace dos estatutos da Federación Galega de Béisbol e Deportes Asociados.
Curiosamente ese mesmo día, cousa que se sabría máis tarde, a entidade promotora principal, a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra fundada varios meses antes, tamén quedaba inscrita no rexistro oficial do Ministerio do Interior.
O nome recollía a intención dos promotores de promover o softball e o stickball (variante ésta da que se recibiron algúns folletos e parecia indicada para xogar no interior e popularizar o béisbol na chuviosa Galicia).
Anos mais tarde cambiariase o nome polo actual e xa antes propularizarase a abreviatura FEGABE.
A primeira Liga oficial non botou a andar ata finais de 1990, coa participación do Caribes, Águilas del Atlántico, Bulldogs de Fredy, Arapahoes e Panteras, todos equipos da Coruña, salvo o Bulldogs que era de Carballo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario