03/10/13

A Junta de Castilla y León revoga o recoñecemento da Federación de Béisbol da rexión.

A Junta de CL acordou revogar o recoñecemento oficial como federación deportiva á Federación rexional de béisbol e softbol por non organizar competicións nin ter xogadores federados, nin adestradores, nin clubs inscritos, nin sede social recoñecida, nin ningún tipo de actividade.

Así o recolle o diario elnortedecastilla.es, segundo o cal, con todo, ano tras ano, a federación territorial organizaba unhas eleccións á presidencia da que sempre saía elixido José María Trigueros Lorenzo, que enseguida se aprestaba a solicitar a correspondente subvención ao goberno rexional. A denuncia o pasado mes de novembro, a través das páxinas deste diario, chegou mesmo ás Cortes de Castela e León, onde foi interpelada a conselleira de Cultural e Turismo, Alicia García.

En marzo deste mesmo ano a Dirección Xeral de Deportes iniciou o expediente para esclarecer a actividade e xestión da devandita federación nos ámbitos disciplinario, administrativo e mesmo fiscal.

Leer mais en iusport

Realmente a entidade tiña un amplo historial de irregularidades e de actuacións mais ou menos desafortunadas como o sorteo dun posto de traballo non hai moito.

Leer mais sobre o sorteo

Ningún comentario: