04/11/13

YANKEES RENOVAN CON JETER POR UN ANO

Tras a victoria nas Series Mundiais dos Red Sox, os Yankees de New York anunciaron que renovaron o contrato do campocorto Derek Jeter por un ano e US$12 millóns para a tempada do 2014.

Jeter, de 39 anos de idade, ten unha media de bateo na súa carreira de .312 con 1.876 carreiras anotadas, 525 dobres, 65 triplos, 256 cuadrangulares, 1.261 remolcadas e 348 bases roubadas en 2.602 xogos ao longo de 19 campañas de Grandes Ligas cos Yankees. O xogador encabeza aos xogadores activos en hits e atópase no noveno lugar na lista de imparables de todos os tempos.
No 2013, Jeter rexistrou unha media baixa de .190 con oito carreiras anotadas, un dobre, un "bambinazo" e sete carreiras producidas en 17 partidos. Perdeuse 145 compromisos debido a lesións que o obrigaron a ingresar á lista de incapacitados catro veces.

Ningún comentario: