11/04/14

Centenarios!

Poucos saben en Galicia da existencia de béisbol organizado na nosa Comunidade, actividade que nos últimos vinte e cinco anos, desde a fundación da Federación Galega de Béisbol, foi constante.
Tradicionalmente considerouse que os anos corenta do século pasado foron a orixe do béisbol en Galicia, pois contabamos con algún documento daquela época.
Con todo hai dous anos buscando datos para a historia do Real Club Deportivo o primeiro presidente da Federación Galega localizou a que se converteu na noticia máis antiga do béisbol en Galicia. O 11 de abril de 1914, hai hoxe 100 anos, o xornal coruñés La Voz de Galicia publicaba un breve comentario na súa primeira páxina.
Neste 2014 celébranse os 25 anos da Federación Galega de Béisbol, herdeira das federacións provinciais desaparecidas na transición, e o centenario da primeira actividade da que teñamos noticia.
A Asociación Palaestra, promotora da Federación, editou un pequeno libro sobre curiosidades do béisbol para axudar á difusión deste deporte e dar a coñecer o centenario.

Ver mais sobre este libro

Ningún comentario: