26/12/11

1991: Campionato de España Infantil

Esta foto está tomada no autobús que empregou a selección para ir a Pamplona e moverse por ali nos diferentes campos e ata ao Hotel que estaba ás aforas.
Un dos maiores animadores do equipo era o que se ve no centro; Marcelo D'Alisio, que ademais collía a cámara de vídeo con frecuencia.

19/12/11

1991: Campionato de España Infantil

No Hotel El Toro de Pamplona o ximansio e a zona de ocio era o mais frecuentado obviamente.
Na foto un dos xogadores, del Río xoga ao tenis de mesa con José Ramón Rodríguez Corbelle.

18/12/11

Aniversario do nacemento de Ty Cob

Tyrus Raymond "Ty" Cobb (18 de decembro de 1886 - 17 de xullo de 1961), alcumado "The Georgia Peach" (o durazno de Xeorxia), foi un xogador de béisbol, levado ao Salón da Fama. Ao momento do seu retiro en 1928 posuía nove marcas das Grandes Ligas. Cobb tamén recibiu máis votos que ningún outro peloteiro na votación inicial do Salón da Fama en 1936.

Actualmente retén o record da maior media de bateo para sempre nas Grandes Ligas con 0,367 e retivo por décadas a marca de máis hits, que actualmente posúe Pete Rose.

Considerado a maior estrela do béisbol na súa época, o seu legado como deportista foi en ocasións eclipsado pola súa reputación de mal temperamento e agresividade, polo cal foi descrito no seu momento polo Detroit Free Press como "atrevido ao momento da demencia".

12/12/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto mais deste Torneo con todos os seus xogadores e os tres responsables ou irresponsables da selección.
A foto está tomada nas pistas do Colexio Irabia.

10/12/11

1981: Historias do béisbol en Strike 1

Unha das páxinas desta revista da Federación Española contaba algunhas anécdotas e historias do béisbol, dos seus comezos e da creación do Museo do Béisbol en New York.

28/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto do mesmo campionato, pero nesta ocasión fora dos campos. É a parada para comer na viaxe de ida a Pamplona, vemos aos adestradores Enrique Sanguiñedo e José Ramón Rodríguez e a varios xogadores do Panteras (Pablo Pardo, Adolfo Vázquez, Antonio López e Marco Rodríguez), Wet-Backs (Daniel Amigo e Roberto Vilarnovo) e Aguilas do Atlántico (Marcelo D'Alisio).

26/11/11

1981: Campións provinciais en Categoría Cadete según Strike 1

A revista STRIKE*1 contaba en 1981 cales foran os Campioóns provinciais en categoría cadete.
En Galicia só aparecen dúas provincias. Na Coruña o gañador fora o Caribes e en Lugo o Génesis.
Naquel tempo non existía a Federación Galega, que nacería oito anos máis tarde, despois dun periodo en que desapareceron as federacións provinciais e con elas o béisbol en Galicia.

21/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto mais, semellante a outras xa publicadas e que nesta ocasión mostra aos xogadores de Panteras pertencentes á selección. De feito os pantalóns que empregaban na selección eran os do equipo infantil de Panteras, xa que o uniforme da selección so tiña tallas de adultos.

14/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra curiosa foto do Campionato de España Infantil en Pamplona, nesta ocasión vemos ao adestrador principal Enrique Sanguiñedo, facendo a aliñación do equipo no banquiño da terceira base, con parte dos xogadores arredor do mesmo.

12/11/11

1981: Portada de Strike 1

Esta era a portada da Revista STRIKE*1 editada polo Comité de Promoción da Federación Española de Béisbol y Sofbol en 1981. Eran 16 páxinas tamaño folio impresas en branco e negro.

07/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra foto do Campionato de España, que amosa a todos os xogadores desprazados, xunto aos adestradores Enrique Sanguiñedo Álvares e José Ramón Rodríguez Corbelle. Acompañaba á expedición o presidente da Federación, Ernesto Pérez Ramil.

31/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto moi similar a outra xa posta aqui, na que aparecen os xogadores do Panteras que formaban parte daquela selección.
A verdade é que dada a carencia de medios en Galicia, xogar nun campo de béisbol era toda unha proeza daquela.
De feito sería mais ou menos por esta época que o presidente da Federación lograba o impensable; conseguir da Xunta de Galicia a construcción dun Campo de Béisbol en Acea de Ama.

24/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Pablo Castro foi un dos xogadores maís detacados daquel equipo.
De feito so a necesidade de facerlle lanzar todo o partudo final do torneo privouno da oportunidade de ser proclamado o mellor lanzador da proba, a pesar de que Galicia foi penúltima.
Neste caso aparece no Campo da Elipa.

17/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Un dos capitáns do Panteras; Roberto Pino Blanco, posando no campo do Arga, sede da maior parte dos partidos naquel campionato.
O trofeo, posiblemente ainda esté na sede da Federación Galega.

16/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Hemeroteca. Esta imaxe xa a publicamos co motivo do falecemento de Marco Rodríguez e a traemos hoxe de regreso ao cumprirse 20 anos da súa publicación. Ideal Gallego, 16 de octubre de 1991. Desgrazadamente segue a ser pouco cotián adicar unha plana enteira ao noso deporte.

10/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra foto daquel Torneo.
Neste caso o segundo adestrador do combinado, José Ramón Corbelle, entre os dous mellores xogadores da selección.
Á esquerda da foto o seu irmán Marco e na dereita Pablo Castro.

03/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Dentro de poucos días cumpriranse 20 anos da segunda participación dunha Selección Galega nun Campionato de España dende a creación da actual Federación Galega de Béisbol en 1989.
Se as fotos publicadas estes días pasados eran do Campionato de España de Prebeisbol en Murcia, celebrado en Marzo de 1991, as que irán saíndo nos vindeiros días son do Campionato de España Infantil delebrado no mes de outubro en Pamplona.
A foto que abre a serie amosa os xogadores de Panteras que pertencian a aquela selección.
Na parte alta de esquerda a dereita: Pablo Castro, Pablo Pardo, Adolfo Vázques e Roberto Asorey. Na parte baixa: Marco Rodríguez, Antonio López e Roberto Pino. O dominio do Panteras na categoría era absoluto polo que podemos ver.

27/09/11

Outra Foto do Campionato de España de Prebéisbol

Outra foto mais do Campionato de España de Prebeisbol desenvolvido en Murcia en marzo de 1991.
Que saibamos so dos de aqueles xogadores seguiron vencellados co deporte, mais deixaron o béisbol.

24/09/11

Foto do Campionato de España Promoción

Outra foto do Campionato de España de Promoción en Murcia en 1991. Publicaremos algunhas mais nos vindeiros días.
Aparecen os 11 xogadores (o que non permitía moitos cambios) pertencentes dous ao equipo de Hercle e o resto aos Wet-Backs, e  xunto a eles os tres adestradores (Eduardo Pérez, Enrique Sanguiñedo e Sonia Bermúdez) do combinado e mais o presidente da Federación Galega (Ernesto Pérez).
Faltaría un quinto responsable que era Carlos Allegue, autor da foto.

21/09/11

Mariano Rivera ten xa o record de salvados


Co salvado número 602 da súa carreira, o closer panameño Mariano Rivera fixou unha nova marca en rescates, superando a Trevor Hoffman, que terminou a súa carreira con 601. Rivera, que participou en 12 Xogos de Estrelas e gañou cinco Series Mundiais, lanzou toda a súa carreira de 17 anos cos Yankees.

15/09/11

Mariano Rivera consegue o seu salvamento 600

Tras rematar a novena entrada ante os Mariners, Mariano Rivera converteuse no segundo lanzador da historia nas Grandes Ligas en chegar aos 600 salvamentos.
Rivera leva ao menos 25 rescates en 15 temporadas consecutivas e no 2011 pasou a ser o 15º pitcher en facer 1.000 presentacións.
Agora Rivera está a dous xogos salvados de romper o récord de tódolos tempos de Trevor Hoffman.

12/09/11

Unha foto para a lembranza

Foto da Selección Galega de Béisbol no Campionato de España de Prebéisbol en Murcia.
Este torneo tivo lugar en Murcia na Semana Santa de 1991.
A selección aparece quentando antes do partido celebrado no campo das Estrellas Negras de Murcia.
Na parte da dereita, de costas, aparece Eduardo Pérez, que daquela era secretario da Federación e tamén o adestrador deste combinado, no que a maioría dos xogadores eran do Wet-Backs de Sada.

14/03/11

Pesar no béisbol galego pola morte de Marco Rodríguez Corbelle

A pasada semana, tras disputar un partido de fútbol, falecía Marco Rodríguez Corbelle, un dos integrantes do primeiro equipo infantil do Panteras en 1990.
Marco, que contaba 33 anos, chegou a Palaestra da man do seu irmán José Ramón "Corbas" e converteuse nun dos capitáns dos equipos no que se integrou, ademais de participar, aínda neno, nos encontros amistosos do equipo senior.
En 1991 foi un dos mellores xogadores na selección galega infantil nos Campionatos de España en Pamplona e nos anos seguintes a pesar de ser cadete participou nos Campionatos de España Xuvenis en Pamplona 1992 e Barcelona 1993, onde o Panteras disputou os seus partidos nos campos olímpicos de Viladecáns e Montjuic.
Logo da desaparición do Panteras pasou ao Tiburones, equipo co que obtivo o título de campión galego.
Para moitos Marco será sempre a imaxe do Panteras nos primeiros anos, pola sua presenza constante nos partidos de calquera categoría. Para a súa familia e amigos o noso máis sentido pésame.

Acompañando esta nova aparece a foto de Marco no banquiño do Campo de Monjuic e a nova que o Ideal Galego publicou do Campionato de España Infantil de 1991, no que se destacaba o seu xogo.