23/10/13

Pudge Rodríguez de comentarista nas Series Mundiais

11/10/13

OS YANKEES RENOVARON A JOE GIRARDI

Os Yankees de New York anunciaron onte que renovaron o contrato do dirixente Joe Girardi por catro anos, até a tempada do 2017. Girardi, de 48 anos de idade, guiou ao equipo á postemporada en catro dos seus seis anos ao mando, gañando o campionato número 27 da franquícia no 2009. Baixo Girardi, os Yankees tiveron 564-408 (.580) desde o 2008 - a mellor marca nas Grandes Ligas.

Nos seus primeiros seis anos como manager dos Yankees (2008 ao 2013), o club encabezou as Grandes Ligas en cuadrangulares (1,236), tamén ocupando o segundo lugar en carreiras anotadas e o sétimo en imparables (8,836) e en media (.265). Os Yankees tamén cometeron a menor cantidade de erros (484) nas Grandes Ligas naquel treito, encabezando a Gran Carpa cunha porcentaxe de fildeo de .986.

No 2013, Girardi guiou aos Yankees a unha marca de 85-77, empatados cos Orioles no terceiro lugar da División Este da liga Americana. Conseguiu a súa vitoria número 500 como manager dos Yankees o 10 de maio en Kansas City no seu encontro número 844 como piloto do club, converténdose nun dos cinco managers máis rápidos en alcanzar esa cantidade de triunfos detrás de Casey Stengel (790 xogos), Joe McCarthy (796 xogos), Joe Torre (833 xogos) e Miller Huggins (833 xogos). O club cometeu 69 erros no 2013, unha do tres menores cantidades nas maiores e igualando a menor cantidade na franquícia que conseguiron no 2010. A súa porcentaxe de fildeo de .988 fixou unha nova marca no equipo, superando por unha fracción a súa porcentaxe de .988 do 2010.




03/10/13

A Junta de Castilla y León revoga o recoñecemento da Federación de Béisbol da rexión.

A Junta de CL acordou revogar o recoñecemento oficial como federación deportiva á Federación rexional de béisbol e softbol por non organizar competicións nin ter xogadores federados, nin adestradores, nin clubs inscritos, nin sede social recoñecida, nin ningún tipo de actividade.

Así o recolle o diario elnortedecastilla.es, segundo o cal, con todo, ano tras ano, a federación territorial organizaba unhas eleccións á presidencia da que sempre saía elixido José María Trigueros Lorenzo, que enseguida se aprestaba a solicitar a correspondente subvención ao goberno rexional. A denuncia o pasado mes de novembro, a través das páxinas deste diario, chegou mesmo ás Cortes de Castela e León, onde foi interpelada a conselleira de Cultural e Turismo, Alicia García.

En marzo deste mesmo ano a Dirección Xeral de Deportes iniciou o expediente para esclarecer a actividade e xestión da devandita federación nos ámbitos disciplinario, administrativo e mesmo fiscal.

Leer mais en iusport

Realmente a entidade tiña un amplo historial de irregularidades e de actuacións mais ou menos desafortunadas como o sorteo dun posto de traballo non hai moito.

Leer mais sobre o sorteo