08/10/15

Escola de Béisbol

ESCOLA DE BEISBOL DA CORUÑA
Cidade Deportiva da Torre.
Sábados ás 13,00 horas.

A esa hora o grupo estará no Frontón da Torre.

Data de inicio: Sábado 3 de outubro de 2015

Cota: 15 euros ao mes. (O mes de outubro é de balde).
Inclúe o agasallo dunha camisola en novembro co pago da primeira cota.

Destinatarios: Rapaces ata 14 anos.

Organiza: Béisbol Galicia.

07/10/15

Propósitos de Béisbol Galicia

BÉISBOL GALICIA é unha entidade dirixida deportivamente por licenciados en CIENCIAS DA ACTIVIDADE FISICA E DO DEPORTE e por ADESTRADORES NACIONAIS DE BEISBOL. Algúns con vintecinco anos de experiencia en desenvolver actividades en diversos ámbitos da práctica deportiva e diferentes grupos de idade.

O noso obxectivo é ofertar o Béisbol como actividade educativa, recreacional, competitiva e de saúde desde unha perspectiva sempre integradora.

Con que propósitos desenvolvemos o Béisbol?

Béisbol-Aprendizaxe motora ou educativa: Practicamos o Béisbol coa finalidade do ensino do deporte desde planos motores de experimentación, coñecemento, progresión e dominio do deporte, para que sexa practicado tanto dentro como fóra da escola, desde un plano de referencia vinculado a obxectivos que o sistema educativo busca para o contexto no que se realiza, xa sexa no ámbito formal da Educación Física ou informal no caso das actividades extraescolares.

Béisbol-Competición: Desenvolvemos Béisbol de competición para actividades deportivas federadas, de base e alto rendemento deportivo.

Béisbol-Recreación: Desenvolvemos o béisbol de maneira que o xogador practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva sen outra finalidade que a de gozar da mesma, sexa só ou con propósitos socializadores cando o xogador realiza a súa práctica con outros.

Béisbol-Saúde: Practicamos o Béisbol cun propósito preventivo ou rehabilitador no que se busca mellorar ou recuperar parte da nosa saúde, non buscamos finalidade algunha no plano da acción motriz, de maneira que o suxeito practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva cun propósito asociado a mellorar algún parámetro biomédico que beneficie á súa saúde.

En definitiva, diferentes propósitos para tratar de abarcar o béisbol como deporte nos seus diferentes niveis; deporte para todos, deporte de base e competición a niveis medios e deporte de alto rendemento.


Director Técnico:
Juan Antonio Suárez Doval
Lic. Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Colexio Nacional de Adestradores. RFEByS