O 10 de agosto de 1992 na Final Olímpica de Béisbol en Barcelona 1992, Cuba gañou a medalla de ouro. Foi a primeira vez que o noso deporte era olímpico e non simplemente de exhibición.
Naquela ocasión non houbo "dream team", salvo o caribeño que obtivo unha vitoria inapelable (11-1) sobre Taipei na final. O fracaso foi para os estadounidenses, que nin sequera puideron consolarse co bronce, ao caer derrotados ante Xapón (1-7). Os equipos americanos e asiáticos foron os grandes animadores da proba
nos campos de Hospitalet e Viladecans.
O campo do anel olímpico en Montjuic era so de adestramento para as seleccións. Panteras xogou en 1993 en Montjuic e en Viladecans, no Campionato de España Xuvenil. De feito a foto que serve de fondo na web foi realizada no segundo dos campos.
Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca b>. Amosar todas as publicacións
10/08/12
03/05/12
Maio, día 3. Hemeroteca

No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa na Coruña, dispútase a segunda xornada da serie entre o Caribes da Coruña e o Génesis de Lugo.
No primeiro partido o resultado é un apretado 23-22 para os lucenses e no segundo, sen nada en xogo, o resultado tamén favoreceu aos visitantes por 14-0.
Con este partido remataba a fase previa que se viña celebrando dende o 18 de abril e que deu como vencedor ao Rias Baixas de Vigo.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
02/05/12
Maio, día 2. Hemeroteca

No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa na Coruña, o Caribes perde contra o visitante Génesis de Lugo polo marcador 16-7.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
26/04/12
Abril, día 26. Hemeroteca.

No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa en Lugo, os equipos Rias Baixas de Vigo e Génesis de Lugo xogan dous partidos. No primeiro o Génesis imponse por 9-14 e no segundo son os visitantes os que logran a victoria por 13-9.
Foi esta a serie mais disputada desta fase previa.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
25/04/12
Abril, día 25. Hemeroteca.

No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa en Lugo, o Rias Baixas vence a domicilio ao Génesis polo apretado marcador de 23-21.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
19/04/12
Abril, día 19. Hemeroteca.

No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa en Vigo, o Caribes perde dous partidos contra o Rias Baixas polos marcadores 2-29 e 3-24, perdendo deste xeito os tres partidos disputados.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
18/04/12
Abril, día 18. Hemeroteca.
No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa en Vigo, o Caribes perde contra o Rias Baixas polo tanteador de 2-17
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
02/03/12
Marzo, día 2. Hemeroteca
Noticia publicada en La Voz de Galicia coa convocatoria dun curso para formar a selección galega infantil de béisbol.
Etiquetas:
1991,
Hemeroteca
28/02/12
Febreiro, día 28. Hemeroteca.
O anuncio do 28 de febreiro de 1991 nos da conta da xuntanza para crear a selección galega infantil.
Anunciabase como coordinador xeral do plan de fomento en idade escolar fora designado Enrique Sanguiñedo.
Enrique era ademais o adestrador do Panteras infantil.
Anunciabase como coordinador xeral do plan de fomento en idade escolar fora designado Enrique Sanguiñedo.
Enrique era ademais o adestrador do Panteras infantil.
Etiquetas:
1991,
Hemeroteca
19/02/12
1981: Contraportada de Strike 1
Esta revista a que lle adicamos varias entradas pechaba a súa última páxina con este debuxo. Non sabemos se houbo máis números da mesma xa que este é o único que nos chegou.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
06/02/12
Marzo, día 6. Hemeroteca
A noticia publicada en La Voz de Galicia o mércores 6 de febrero de 1991, da conta da xuntanza para determinar a selección galega na categoría de promoción. A foto é de Xurxo Lobato. A noticia fala dunha concentración na Torre, pero a foto parece ser o campo de vello de Acea de Ama, onde disputarase meses atrás a primeira Liga Galega dende a fundación da Federación Galega de Béisbol.
Etiquetas:
1991,
Hemeroteca
05/02/12
1981: Notas sobre xogador, adestrador e árbitro en Strike 1 (y II)
Continuando co publicado en semanas pasadas, a revista da Federación Española continuaba o espazo adicado ás relacións entre xogador, adestrador e árbitro e mesmo incluía un pequeno esquema defensivo para unha situación no campo.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
22/01/12
1981: Notas sobre xogador, adestrador e árbitro en Strike 1 (I)
Na revista da Federación Española de Béisbol un dos espazos estaba adicado a falar da relación entre xogadores, adestradores e árbitros e os seus respectivos papeis no partido.
A entrega continuará en vindeiras semanas.
A entrega continuará en vindeiras semanas.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
08/01/12
1981: Curiosidades en Strike 1
Nunha das páxinas desta revista se fala do partido mais longo por aquel entón, que foi suspendido con empate a douses tras oito horas e pico de xogo. Tamén ten unha pequena entrevista con Miguel Angel Pariente.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
10/12/11
1981: Historias do béisbol en Strike 1
Unha das páxinas desta revista da Federación Española contaba algunhas anécdotas e historias do béisbol, dos seus comezos e da creación do Museo do Béisbol en New York.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
26/11/11
1981: Campións provinciais en Categoría Cadete según Strike 1
A revista STRIKE*1 contaba en 1981 cales foran os Campioóns provinciais en categoría cadete.
En Galicia só aparecen dúas provincias. Na Coruña o gañador fora o Caribes e en Lugo o Génesis.
Naquel tempo non existía a Federación Galega, que nacería oito anos máis tarde, despois dun periodo en que desapareceron as federacións provinciais e con elas o béisbol en Galicia.
En Galicia só aparecen dúas provincias. Na Coruña o gañador fora o Caribes e en Lugo o Génesis.
Naquel tempo non existía a Federación Galega, que nacería oito anos máis tarde, despois dun periodo en que desapareceron as federacións provinciais e con elas o béisbol en Galicia.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
12/11/11
1981: Portada de Strike 1
Esta era a portada da Revista STRIKE*1 editada polo Comité de Promoción da Federación Española de Béisbol y Sofbol en 1981. Eran 16 páxinas tamaño folio impresas en branco e negro.
Etiquetas:
1981,
Hemeroteca
16/10/11
1991: Campionato de España Infantil
Hemeroteca. Esta imaxe xa a publicamos co motivo do falecemento de Marco Rodríguez e a traemos hoxe de regreso ao cumprirse 20 anos da súa publicación. Ideal Gallego, 16 de octubre de 1991. Desgrazadamente segue a ser pouco cotián adicar unha plana enteira ao noso deporte.
Etiquetas:
1991,
Hemeroteca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











