18/05/12

Maio, dia 18 - Aniversario da Federación Galega de Béisbol


Mais ou menos sobre as 14,30 horas do día 18 de maio de 1989, tras unha conversa bastante longa en San Caetano, o director xeral correspondente asinaba o visto e prace dos estatutos da Federación Galega de Béisbol e Deportes Asociados.

Curiosamente ese mesmo día, cousa que se sabría máis tarde, a entidade promotora principal, a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra fundada varios meses antes, tamén quedaba inscrita no rexistro oficial do Ministerio do Interior.

O nome recollía a intención dos promotores de promover o softball e o stickball (variante ésta da que se recibiron algúns folletos e parecia indicada para xogar no interior e popularizar o béisbol na chuviosa Galicia).

Anos mais tarde cambiariase o nome polo actual e xa antes propularizarase a abreviatura FEGABE.

A primeira Liga oficial non botou a andar ata finais de 1990, coa participación do Caribes, Águilas del Atlántico, Bulldogs de Fredy, Arapahoes e Panteras, todos equipos da Coruña, salvo o Bulldogs que era de Carballo.

03/05/12

Maio, día 3. Hemeroteca


No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa na Coruña, dispútase a segunda xornada da serie entre o Caribes da Coruña e o Génesis de Lugo.
No primeiro partido o resultado é un apretado 23-22 para os lucenses e no segundo, sen nada en xogo, o resultado tamén favoreceu aos visitantes por 14-0.
Con este partido remataba a fase previa que se viña celebrando dende o 18 de abril e que deu como vencedor ao Rias Baixas de Vigo.

02/05/12

Maio, día 2. Hemeroteca


No XVI Campionato de España Cadete de 1981, na fase previa na Coruña, o Caribes perde contra o visitante Génesis de Lugo polo marcador 16-7.