Amosando publicacións coa etiqueta 1992. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1992. Amosar todas as publicacións

29/04/13

1992: Equipo infantil de Panteras

Equipo infantil de Panteras fotografiado en 1992, tras un partido no campo de herba artificial de Elviña.

22/04/13

1992: LLB

En 1992 Panteras inscribiu ás súas categorías de base na Little League Baseball.

Seguramente non houbo moitos equipos que fixeran iso antes en España, salvo os formados nas bases militares americanas.

15/04/13

1992: Selección Galega

Dentro do adestramento da Selección galega que reseñábamos o luns pasado, temos aqui un detalle dos xogadores qye participaban de Panteras; Juancho Suárez, Jorge García e Salvador Carrión.

08/04/13

1992: Adestramento da Selección Galega Senior

A foto corresponde a un adestramento da Selección Galega Senior no Campo de Herba da Cidade Deportiva da Torre.

26/11/12

1992: Campionato de España Xuvenil

O equipo do Campionato de España Xuvenil ao completo.

Pode verse que non habia oportunidade de descansar e era mellor non pensar en lesionados.

19/11/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Un partido do Panteras no Campionato de España Xuvenil.

En primeira base está Marco Rodríguez Corbelle. O segunda base que practicamente non se distingue seguramente era Alfonso Badás.

12/11/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Parte do equipo do Panteras no Campionato de España Xuvenil.

Era o banquiño do Campo do Colexio Irabia.

05/11/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Oscar Costalago, un dos xogadores do Panteras no Campionato de España Xuvenil.
Normalmente era o receptor.

29/10/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Pensar que algúns destes xa tiñan cumpridos 18 anos...
Aqui temos a parte do equipo no xardín do Hotel.

22/10/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Momento de relax de parte do equipo na piscina do Hotel onde estivo aloxado o equipo Panteras durante o Campionato de España Xuvenil.

15/10/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Foto do Campionato de España Xuvenil. Unha foto de parte do Panteras no banquiño do Campo do Colexio Irabia

27/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Daniel Acevedo calentando dende o montículo e Marco Rodríguez en terceira base. O campo de Burlada non tiña herba. Hoxe está completamente cambiado.

20/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Xantar na mesma instalación deportiva onde se disputaban a maioría dos encontros; no Campo de Burlada.

13/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Foto do equipo de Panteras que disputou o Campionato de España Xuvenil en Pamplona en 1992. Dende a creación da Federación Galega de Béisbol en 1989, foi a primeira vez que un clube galego participaba nunha proba da Federación Española.
Panteras acudiu cun equipo de tan so 9 xogadores... asi que ningún se podía lesionar e non habia marxe para cambios.
Dous dos xogadores eran cedidos; Jorge Balaguer polo Génesis de Lugo e Daniel Amigo polo Wet-Backs de Sada.
Marco Rodríguez Corbelle disputou o Torneo pese a ser cadete de primeiro ano. Os seis restantes eran compañeiros de clase en Dominicos e coincidiu un ano que houbo problemas no exame de Selectividade, polo que houbo dúbidas na participación neste Torneo celebrado a primeiros de xullo.

10/08/12

10 de agosto

O 10 de agosto de 1992 na Final Olímpica de Béisbol en Barcelona 1992, Cuba gañou a medalla de ouro. Foi a primeira vez que o noso deporte era olímpico e non simplemente de exhibición.
Naquela ocasión non houbo "dream team", salvo o caribeño que obtivo unha vitoria inapelable (11-1) sobre Taipei na final. O fracaso foi para os estadounidenses, que nin sequera puideron consolarse co bronce, ao caer derrotados ante Xapón (1-7). Os equipos americanos e asiáticos foron os grandes animadores da proba
nos campos de Hospitalet e Viladecans.
O campo do anel olímpico en Montjuic era so de adestramento para as seleccións. Panteras xogou en 1993 en Montjuic e en Viladecans, no Campionato de España Xuvenil. De feito a foto que serve de fondo na web foi realizada no segundo dos campos.

06/08/12

1992: Amistoso na Torre

Unha foto mais deste amistoso celebrado en 1992. Quen aparece de espaldas é Daniel Acevedo, que foi presidente de adestrador do Panteras.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.

22/07/12

1992: Amistoso na Torre

Unha foto en branco e negro pero que é de 1992. Quen aparece no centro na imaxe é Juan Antonio Suárez, lanzador do Panteras e tamén presidente naquela época. Hai unhas semanas publicabamos unha foto do mesmo día pero lanzando.
Aquí aparece chegando á terceira base.

30/04/12

1992: Amistoso na Torre

Unha foto en branco e negro pero que é de 1992. Quen aparece no centro na imaxe é Juan Antonio Suárez, lanzador do Panteras e tamén presidente naquela época.

23/04/12

1992: Amistoso na Torre

Amistoso do Panteras e o Águilas del Atlántico no campo de terra da Torre.
Quen trae o home é Marcelo D'Alisio, xogador do Aguilas e que aparece noutras fotos coa selección galega infantil en 1991.

16/04/12

1992: Liga en Lugo

Partido do Panteras no Campo de Nadela en Lugo.
Quen está lanzando é Javier Rey Fariña, que normalmente era o terceira base.