27/09/11

Outra Foto do Campionato de España de Prebéisbol

Outra foto mais do Campionato de España de Prebeisbol desenvolvido en Murcia en marzo de 1991.
Que saibamos so dos de aqueles xogadores seguiron vencellados co deporte, mais deixaron o béisbol.

24/09/11

Foto do Campionato de España Promoción

Outra foto do Campionato de España de Promoción en Murcia en 1991. Publicaremos algunhas mais nos vindeiros días.
Aparecen os 11 xogadores (o que non permitía moitos cambios) pertencentes dous ao equipo de Hercle e o resto aos Wet-Backs, e  xunto a eles os tres adestradores (Eduardo Pérez, Enrique Sanguiñedo e Sonia Bermúdez) do combinado e mais o presidente da Federación Galega (Ernesto Pérez).
Faltaría un quinto responsable que era Carlos Allegue, autor da foto.

21/09/11

Mariano Rivera ten xa o record de salvados


Co salvado número 602 da súa carreira, o closer panameño Mariano Rivera fixou unha nova marca en rescates, superando a Trevor Hoffman, que terminou a súa carreira con 601. Rivera, que participou en 12 Xogos de Estrelas e gañou cinco Series Mundiais, lanzou toda a súa carreira de 17 anos cos Yankees.

15/09/11

Mariano Rivera consegue o seu salvamento 600

Tras rematar a novena entrada ante os Mariners, Mariano Rivera converteuse no segundo lanzador da historia nas Grandes Ligas en chegar aos 600 salvamentos.
Rivera leva ao menos 25 rescates en 15 temporadas consecutivas e no 2011 pasou a ser o 15º pitcher en facer 1.000 presentacións.
Agora Rivera está a dous xogos salvados de romper o récord de tódolos tempos de Trevor Hoffman.

12/09/11

Unha foto para a lembranza

Foto da Selección Galega de Béisbol no Campionato de España de Prebéisbol en Murcia.
Este torneo tivo lugar en Murcia na Semana Santa de 1991.
A selección aparece quentando antes do partido celebrado no campo das Estrellas Negras de Murcia.
Na parte da dereita, de costas, aparece Eduardo Pérez, que daquela era secretario da Federación e tamén o adestrador deste combinado, no que a maioría dos xogadores eran do Wet-Backs de Sada.