Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Efemérides. Amosar todas as publicacións

11/04/14

Centenarios!

Poucos saben en Galicia da existencia de béisbol organizado na nosa Comunidade, actividade que nos últimos vinte e cinco anos, desde a fundación da Federación Galega de Béisbol, foi constante.
Tradicionalmente considerouse que os anos corenta do século pasado foron a orixe do béisbol en Galicia, pois contabamos con algún documento daquela época.
Con todo hai dous anos buscando datos para a historia do Real Club Deportivo o primeiro presidente da Federación Galega localizou a que se converteu na noticia máis antiga do béisbol en Galicia. O 11 de abril de 1914, hai hoxe 100 anos, o xornal coruñés La Voz de Galicia publicaba un breve comentario na súa primeira páxina.
Neste 2014 celébranse os 25 anos da Federación Galega de Béisbol, herdeira das federacións provinciais desaparecidas na transición, e o centenario da primeira actividade da que teñamos noticia.
A Asociación Palaestra, promotora da Federación, editou un pequeno libro sobre curiosidades do béisbol para axudar á difusión deste deporte e dar a coñecer o centenario.

Ver mais sobre este libro

24/02/14

25 anos da Federación Galega de Béisbol

Tal día como hoxe de 1989 os promotores das asociacións Hercle e Palaestra reuníronse para dundar a Federación Galega de Béisbol. Entón o nome era Federación Galega de Béisbol e Deportes Asociados (falarase de promocionar tamén o sofbol, o stickball e de facer cousas mesmo coa billarda). O logo empregado é o que reproducimos aqui ao lado.
Aínda pasarían varios meses ata obter a inscrición da mesma, que se produciría o 18 de maio, día no que normalmente celébrase o aniversario.

23/07/13

23 de xullo

En 2012 a Comisión Xurídica do COI reunida en Londres deu o seu visto e prace á fusión das federacións de béisbol e sóftbol, que tentan con este movemento despexar o seu camiño de volta aos Xogos Olímpicos, dos que foron excluídas.

01/07/13

1 de xullo

O primeiro comercial de televisión da historia foi transmitido en EE. UU. o 1 de xullo de 1941. A empresa fabricante de reloxos Bulova pagou 4 dólares para un espazo na estación de televisión WNBC antes dun partido de béisbol entre os Dodgers de Brooklyn e os Phillies de Filadelfia. O anuncio de 10 segundos mostra unha imaxe dun reloxo nun mapa dos Estados Unidos, acompañado pola voz en off que di "Estados Unidos corre no tempo de Bulova"