Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

05/11/15

Actividade Lúdica

Este sábado cambiamos de lugar e hora a nosa Escola de Béisbol.

Con idea de popularizar o deporte en varios sitios distintos da cidade a actividade será no Pavillón de Labañou o sábado as 12,00.

Teremos un concurso lúdico de habilidades para o xogo.

Vémonos ali!

07/10/15

Propósitos de Béisbol Galicia

BÉISBOL GALICIA é unha entidade dirixida deportivamente por licenciados en CIENCIAS DA ACTIVIDADE FISICA E DO DEPORTE e por ADESTRADORES NACIONAIS DE BEISBOL. Algúns con vintecinco anos de experiencia en desenvolver actividades en diversos ámbitos da práctica deportiva e diferentes grupos de idade.

O noso obxectivo é ofertar o Béisbol como actividade educativa, recreacional, competitiva e de saúde desde unha perspectiva sempre integradora.

Con que propósitos desenvolvemos o Béisbol?

Béisbol-Aprendizaxe motora ou educativa: Practicamos o Béisbol coa finalidade do ensino do deporte desde planos motores de experimentación, coñecemento, progresión e dominio do deporte, para que sexa practicado tanto dentro como fóra da escola, desde un plano de referencia vinculado a obxectivos que o sistema educativo busca para o contexto no que se realiza, xa sexa no ámbito formal da Educación Física ou informal no caso das actividades extraescolares.

Béisbol-Competición: Desenvolvemos Béisbol de competición para actividades deportivas federadas, de base e alto rendemento deportivo.

Béisbol-Recreación: Desenvolvemos o béisbol de maneira que o xogador practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva sen outra finalidade que a de gozar da mesma, sexa só ou con propósitos socializadores cando o xogador realiza a súa práctica con outros.

Béisbol-Saúde: Practicamos o Béisbol cun propósito preventivo ou rehabilitador no que se busca mellorar ou recuperar parte da nosa saúde, non buscamos finalidade algunha no plano da acción motriz, de maneira que o suxeito practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva cun propósito asociado a mellorar algún parámetro biomédico que beneficie á súa saúde.

En definitiva, diferentes propósitos para tratar de abarcar o béisbol como deporte nos seus diferentes niveis; deporte para todos, deporte de base e competición a niveis medios e deporte de alto rendemento.


Director Técnico:
Juan Antonio Suárez Doval
Lic. Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Colexio Nacional de Adestradores. RFEByS



22/09/15

Unha nova tempada

Nuns días empezaremos unha nova tempada para o noso club.
Incluirá o cambio na directiva, unha maior actividade e o cambio deste espazo web.

Pero por agora xa podemos anunciar a creación dunha ESCOLA DE BEISBOL en colaboración coa Asociación Palaestra.

ESCOLA DE BEISBOL DA CORUÑA
Cidade Deportiva da Torre
Sábados ás 13,00 horas.

Data de inicio: Sábado 3 de outubro de 2015

Cota: 15 euros ao mes
Inclúe o agasallo dunha camisola o primeiro mes e outros obxectos ao longo do curso.

Destinatarios: Rapaces ata 14 anos