28/02/12

Febreiro, día 28. Hemeroteca.

O anuncio do 28 de febreiro de 1991 nos da conta da xuntanza para crear a selección galega infantil.
Anunciabase como coordinador xeral do plan de fomento en idade escolar fora designado Enrique Sanguiñedo.
Enrique era ademais o adestrador do Panteras infantil.

27/02/12

1991: Campionato de España Infantil

Parada na viaxe de ida a Pamplona. Nesta mesa están os xogadores do Panteras.
De esquerda a dereita: Roberto Asorey, Roberto Pino, Pablo Pardo, Marco Rodríguez, Pablo Castro e Adolfo Vázquez.

20/02/12

1991: Campionato de España Infantil

Outra visión do Campionato de España Infantil nas instalacións do Colexio Irabia.
Aparecen os dous irmáns Rodríguez Corbelle.
José Ramón fungueando e Marco recollendo.

19/02/12

1981: Contraportada de Strike 1

Esta revista a que lle adicamos varias entradas pechaba a súa última páxina con este debuxo. Non sabemos se houbo máis números da mesma xa que este é o único que nos chegou.

13/02/12

1991: Campionato de España Infantil

Vista da zona do banquiño no Campo de Irabia.

06/02/12

Marzo, día 6. Hemeroteca

A noticia publicada en La Voz de Galicia o mércores 6 de febrero de 1991, da conta da xuntanza para determinar a selección galega na categoría de promoción. A foto é de Xurxo Lobato. A noticia fala dunha concentración na Torre, pero a foto parece ser o campo de vello de Acea de Ama, onde disputarase meses atrás a primeira Liga Galega dende a fundación da Federación Galega de Béisbol.

05/02/12

1981: Notas sobre xogador, adestrador e árbitro en Strike 1 (y II)

Continuando co publicado en semanas pasadas, a revista da Federación Española continuaba o espazo adicado ás relacións entre xogador, adestrador e árbitro e mesmo incluía un pequeno esquema defensivo para unha situación no campo.