28/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto do mesmo campionato, pero nesta ocasión fora dos campos. É a parada para comer na viaxe de ida a Pamplona, vemos aos adestradores Enrique Sanguiñedo e José Ramón Rodríguez e a varios xogadores do Panteras (Pablo Pardo, Adolfo Vázquez, Antonio López e Marco Rodríguez), Wet-Backs (Daniel Amigo e Roberto Vilarnovo) e Aguilas do Atlántico (Marcelo D'Alisio).

26/11/11

1981: Campións provinciais en Categoría Cadete según Strike 1

A revista STRIKE*1 contaba en 1981 cales foran os Campioóns provinciais en categoría cadete.
En Galicia só aparecen dúas provincias. Na Coruña o gañador fora o Caribes e en Lugo o Génesis.
Naquel tempo non existía a Federación Galega, que nacería oito anos máis tarde, despois dun periodo en que desapareceron as federacións provinciais e con elas o béisbol en Galicia.

21/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto mais, semellante a outras xa publicadas e que nesta ocasión mostra aos xogadores de Panteras pertencentes á selección. De feito os pantalóns que empregaban na selección eran os do equipo infantil de Panteras, xa que o uniforme da selección so tiña tallas de adultos.

14/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra curiosa foto do Campionato de España Infantil en Pamplona, nesta ocasión vemos ao adestrador principal Enrique Sanguiñedo, facendo a aliñación do equipo no banquiño da terceira base, con parte dos xogadores arredor do mesmo.

12/11/11

1981: Portada de Strike 1

Esta era a portada da Revista STRIKE*1 editada polo Comité de Promoción da Federación Española de Béisbol y Sofbol en 1981. Eran 16 páxinas tamaño folio impresas en branco e negro.

07/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra foto do Campionato de España, que amosa a todos os xogadores desprazados, xunto aos adestradores Enrique Sanguiñedo Álvares e José Ramón Rodríguez Corbelle. Acompañaba á expedición o presidente da Federación, Ernesto Pérez Ramil.