27/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Daniel Acevedo calentando dende o montículo e Marco Rodríguez en terceira base. O campo de Burlada non tiña herba. Hoxe está completamente cambiado.

20/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Xantar na mesma instalación deportiva onde se disputaban a maioría dos encontros; no Campo de Burlada.

13/08/12

1992: Campionato de España Xuvenil

Foto do equipo de Panteras que disputou o Campionato de España Xuvenil en Pamplona en 1992. Dende a creación da Federación Galega de Béisbol en 1989, foi a primeira vez que un clube galego participaba nunha proba da Federación Española.
Panteras acudiu cun equipo de tan so 9 xogadores... asi que ningún se podía lesionar e non habia marxe para cambios.
Dous dos xogadores eran cedidos; Jorge Balaguer polo Génesis de Lugo e Daniel Amigo polo Wet-Backs de Sada.
Marco Rodríguez Corbelle disputou o Torneo pese a ser cadete de primeiro ano. Os seis restantes eran compañeiros de clase en Dominicos e coincidiu un ano que houbo problemas no exame de Selectividade, polo que houbo dúbidas na participación neste Torneo celebrado a primeiros de xullo.

10/08/12

10 de agosto

O 10 de agosto de 1992 na Final Olímpica de Béisbol en Barcelona 1992, Cuba gañou a medalla de ouro. Foi a primeira vez que o noso deporte era olímpico e non simplemente de exhibición.
Naquela ocasión non houbo "dream team", salvo o caribeño que obtivo unha vitoria inapelable (11-1) sobre Taipei na final. O fracaso foi para os estadounidenses, que nin sequera puideron consolarse co bronce, ao caer derrotados ante Xapón (1-7). Os equipos americanos e asiáticos foron os grandes animadores da proba
nos campos de Hospitalet e Viladecans.
O campo do anel olímpico en Montjuic era so de adestramento para as seleccións. Panteras xogou en 1993 en Montjuic e en Viladecans, no Campionato de España Xuvenil. De feito a foto que serve de fondo na web foi realizada no segundo dos campos.

06/08/12

1992: Amistoso na Torre

Unha foto mais deste amistoso celebrado en 1992. Quen aparece de espaldas é Daniel Acevedo, que foi presidente de adestrador do Panteras.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.