05/11/15

Actividade Lúdica

Este sábado cambiamos de lugar e hora a nosa Escola de Béisbol.

Con idea de popularizar o deporte en varios sitios distintos da cidade a actividade será no Pavillón de Labañou o sábado as 12,00.

Teremos un concurso lúdico de habilidades para o xogo.

Vémonos ali!

08/10/15

Escola de Béisbol

ESCOLA DE BEISBOL DA CORUÑA
Cidade Deportiva da Torre.
Sábados ás 13,00 horas.

A esa hora o grupo estará no Frontón da Torre.

Data de inicio: Sábado 3 de outubro de 2015

Cota: 15 euros ao mes. (O mes de outubro é de balde).
Inclúe o agasallo dunha camisola en novembro co pago da primeira cota.

Destinatarios: Rapaces ata 14 anos.

Organiza: Béisbol Galicia.

07/10/15

Propósitos de Béisbol Galicia

BÉISBOL GALICIA é unha entidade dirixida deportivamente por licenciados en CIENCIAS DA ACTIVIDADE FISICA E DO DEPORTE e por ADESTRADORES NACIONAIS DE BEISBOL. Algúns con vintecinco anos de experiencia en desenvolver actividades en diversos ámbitos da práctica deportiva e diferentes grupos de idade.

O noso obxectivo é ofertar o Béisbol como actividade educativa, recreacional, competitiva e de saúde desde unha perspectiva sempre integradora.

Con que propósitos desenvolvemos o Béisbol?

Béisbol-Aprendizaxe motora ou educativa: Practicamos o Béisbol coa finalidade do ensino do deporte desde planos motores de experimentación, coñecemento, progresión e dominio do deporte, para que sexa practicado tanto dentro como fóra da escola, desde un plano de referencia vinculado a obxectivos que o sistema educativo busca para o contexto no que se realiza, xa sexa no ámbito formal da Educación Física ou informal no caso das actividades extraescolares.

Béisbol-Competición: Desenvolvemos Béisbol de competición para actividades deportivas federadas, de base e alto rendemento deportivo.

Béisbol-Recreación: Desenvolvemos o béisbol de maneira que o xogador practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva sen outra finalidade que a de gozar da mesma, sexa só ou con propósitos socializadores cando o xogador realiza a súa práctica con outros.

Béisbol-Saúde: Practicamos o Béisbol cun propósito preventivo ou rehabilitador no que se busca mellorar ou recuperar parte da nosa saúde, non buscamos finalidade algunha no plano da acción motriz, de maneira que o suxeito practique para experimentar, coñecer, progresar ou dominar a práctica deportiva cun propósito asociado a mellorar algún parámetro biomédico que beneficie á súa saúde.

En definitiva, diferentes propósitos para tratar de abarcar o béisbol como deporte nos seus diferentes niveis; deporte para todos, deporte de base e competición a niveis medios e deporte de alto rendemento.


Director Técnico:
Juan Antonio Suárez Doval
Lic. Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Colexio Nacional de Adestradores. RFEByS



22/09/15

Unha nova tempada

Nuns días empezaremos unha nova tempada para o noso club.
Incluirá o cambio na directiva, unha maior actividade e o cambio deste espazo web.

Pero por agora xa podemos anunciar a creación dunha ESCOLA DE BEISBOL en colaboración coa Asociación Palaestra.

ESCOLA DE BEISBOL DA CORUÑA
Cidade Deportiva da Torre
Sábados ás 13,00 horas.

Data de inicio: Sábado 3 de outubro de 2015

Cota: 15 euros ao mes
Inclúe o agasallo dunha camisola o primeiro mes e outros obxectos ao longo do curso.

Destinatarios: Rapaces ata 14 anos

21/06/15

I MEMORIAL MARCO RODRIGUEZ CORBELLE

O béisbol foi o primeiro deporte da Universidade hai 25 anos
As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



17/06/15

Novas de Hercle: Memorial Marco Rodríguez

Novas de Hercle: Memorial Marco Rodríguez: As asociacións Palaestra e Hercle organizan en colaboración con Druidas e a Universidade da Coruña o I Memorial Marco Rodríguez. Marco ...

12/06/15

Novas de Hercle: De novo o Béisbol na Universidade

Novas de Hercle: De novo o Béisbol na Universidade: Hai vintecinco anos, cando empezou a funcionar a Universidade da Coruña, o béisbol foi un dos primeiros deportes en organizarse. Da nosa e...

23/03/15

Fotos da Liga de Béisbol 2015

Levamos tres xornadas da Liga de Primeira División no seu grupo Noroeste.

07/11/14

Fomentando o béisbol na Universidade

A Asociación Hercle, pioneira do béisbol universitario, está de volta no noso deporte.
Ontes o demostraron axudados pola Asociación Palaestra na Feira de Asociacións da Universidade.
O béisbol e o jugger son as apostas de hercle naa súa nova andaina, despois dun cambio completo de estatutos e directiva.
O emprego da wii para dar a coñecer o béisbol foi todo un éxito nesta xornada celebrada na Facultade de Empresariais.

29/09/14

Adeus Jeter!

Loxicamente estes días sucédense as homenaxes a Jeter.

07/07/14

¡Derek Jeter elegido titular para el Juego de Estrellas 2014!

Tanaka y Betances también fueron convocados.

Gracias al apoyo general, el torpedero Derek Jeter ha sido elegido para ser uno de los titulares de la Liga Americana en el Juego de Estrellas 2014. Sus compañeros Masahiro Tanaka y Dellín Betances también fueron convocados al equipo, esta será la primera participación de ambos en el Clásico de Verano. El Juego de Estrellas 2014 se celebrará en el Target Field el 15 de julio. 

06/06/14

14/05/14

Vota para os All-Star

Vota un máximo de 25 veces. As votacións terminan ás 11:59 PM ET o xoves, 3 de xullo do 2014.

11/04/14

Centenarios!

Poucos saben en Galicia da existencia de béisbol organizado na nosa Comunidade, actividade que nos últimos vinte e cinco anos, desde a fundación da Federación Galega de Béisbol, foi constante.
Tradicionalmente considerouse que os anos corenta do século pasado foron a orixe do béisbol en Galicia, pois contabamos con algún documento daquela época.
Con todo hai dous anos buscando datos para a historia do Real Club Deportivo o primeiro presidente da Federación Galega localizou a que se converteu na noticia máis antiga do béisbol en Galicia. O 11 de abril de 1914, hai hoxe 100 anos, o xornal coruñés La Voz de Galicia publicaba un breve comentario na súa primeira páxina.
Neste 2014 celébranse os 25 anos da Federación Galega de Béisbol, herdeira das federacións provinciais desaparecidas na transición, e o centenario da primeira actividade da que teñamos noticia.
A Asociación Palaestra, promotora da Federación, editou un pequeno libro sobre curiosidades do béisbol para axudar á difusión deste deporte e dar a coñecer o centenario.

Ver mais sobre este libro

04/03/14

Manchester e Liverpool xogarán no Yankee Stadium

Seguindo a senda iniciada hai tempo de levar o fútbol (ou soccer como é coñecido alá) aos estadios máis coñecidos de béisbol.
Habería que intentar facer un partido en Riazor ou Balaídos?

24/02/14

25 anos da Federación Galega de Béisbol

Tal día como hoxe de 1989 os promotores das asociacións Hercle e Palaestra reuníronse para dundar a Federación Galega de Béisbol. Entón o nome era Federación Galega de Béisbol e Deportes Asociados (falarase de promocionar tamén o sofbol, o stickball e de facer cousas mesmo coa billarda). O logo empregado é o que reproducimos aqui ao lado.
Aínda pasarían varios meses ata obter a inscrición da mesma, que se produciría o 18 de maio, día no que normalmente celébrase o aniversario.

12/02/14

Jeter anuncia a súa retirada

Cando está a piques de iniciar a súa 20.ª tempada nas Grandes Ligas anunciou que o traxecto está chegando ao seu fin, informando que 2014 será o seu último ano, según comentou no Facebook.

Jeter, cumprirá 40 anos en xuño, e as últimas lesións estaban complicando as súas últimas temporadas, facendoas unha loita continua. "Sempre dixen que cando para min o beisbol fose mais un traballo que unha diversión, sería momento de marchar".

O Comisario das Ligas, Bud Selig, emitiu un comunicado decindo que "nos vinte e un anos como Comisario, as Grandes Ligas non tiveron mellor embaixador que Derek Jeter" engadindo que Deter era emulado pola súa exempleridade.

O anuncio de Jeter prodúcese meses despois dos dos seus compañeiros Andy Pettitte e Mariano Rivera. . O cuarto membro daquel brillante grupo, Jorge Posada, marchara xa na temporada do 2011.

20/12/13

Felicitación dos Yankees

Lembrando a despedida de Mariano Rivera e Andy Petit

preme

09/12/13

JOE TORRE AO SALON DA FAMA

O Salón de Béisbol Nacional da fama hoxe anunciou que o exadestrador dos Yankees de New York, Joe Torre, foi elixido ao Salón da Fama, tras a votación de ampliación. Torre Pilotou aos Yankees a seis Series Mundiais.

Ademais, Bobby Cox, que tamen estivo nos Yankees foi elixido á Sala de Fama vía na mesma elección.

Torre e Cox foron unanimemente elixido polos 16 membros do Comité. A elección requirida polo menos 75 por cento dos votos.