10/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra foto daquel Torneo.
Neste caso o segundo adestrador do combinado, José Ramón Corbelle, entre os dous mellores xogadores da selección.
Á esquerda da foto o seu irmán Marco e na dereita Pablo Castro.

03/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Dentro de poucos días cumpriranse 20 anos da segunda participación dunha Selección Galega nun Campionato de España dende a creación da actual Federación Galega de Béisbol en 1989.
Se as fotos publicadas estes días pasados eran do Campionato de España de Prebeisbol en Murcia, celebrado en Marzo de 1991, as que irán saíndo nos vindeiros días son do Campionato de España Infantil delebrado no mes de outubro en Pamplona.
A foto que abre a serie amosa os xogadores de Panteras que pertencian a aquela selección.
Na parte alta de esquerda a dereita: Pablo Castro, Pablo Pardo, Adolfo Vázques e Roberto Asorey. Na parte baixa: Marco Rodríguez, Antonio López e Roberto Pino. O dominio do Panteras na categoría era absoluto polo que podemos ver.

27/09/11

Outra Foto do Campionato de España de Prebéisbol

Outra foto mais do Campionato de España de Prebeisbol desenvolvido en Murcia en marzo de 1991.
Que saibamos so dos de aqueles xogadores seguiron vencellados co deporte, mais deixaron o béisbol.

24/09/11

Foto do Campionato de España Promoción

Outra foto do Campionato de España de Promoción en Murcia en 1991. Publicaremos algunhas mais nos vindeiros días.
Aparecen os 11 xogadores (o que non permitía moitos cambios) pertencentes dous ao equipo de Hercle e o resto aos Wet-Backs, e  xunto a eles os tres adestradores (Eduardo Pérez, Enrique Sanguiñedo e Sonia Bermúdez) do combinado e mais o presidente da Federación Galega (Ernesto Pérez).
Faltaría un quinto responsable que era Carlos Allegue, autor da foto.

21/09/11

Mariano Rivera ten xa o record de salvados


Co salvado número 602 da súa carreira, o closer panameño Mariano Rivera fixou unha nova marca en rescates, superando a Trevor Hoffman, que terminou a súa carreira con 601. Rivera, que participou en 12 Xogos de Estrelas e gañou cinco Series Mundiais, lanzou toda a súa carreira de 17 anos cos Yankees.

15/09/11

Mariano Rivera consegue o seu salvamento 600

Tras rematar a novena entrada ante os Mariners, Mariano Rivera converteuse no segundo lanzador da historia nas Grandes Ligas en chegar aos 600 salvamentos.
Rivera leva ao menos 25 rescates en 15 temporadas consecutivas e no 2011 pasou a ser o 15º pitcher en facer 1.000 presentacións.
Agora Rivera está a dous xogos salvados de romper o récord de tódolos tempos de Trevor Hoffman.

12/09/11

Unha foto para a lembranza

Foto da Selección Galega de Béisbol no Campionato de España de Prebéisbol en Murcia.
Este torneo tivo lugar en Murcia na Semana Santa de 1991.
A selección aparece quentando antes do partido celebrado no campo das Estrellas Negras de Murcia.
Na parte da dereita, de costas, aparece Eduardo Pérez, que daquela era secretario da Federación e tamén o adestrador deste combinado, no que a maioría dos xogadores eran do Wet-Backs de Sada.

14/03/11

Pesar no béisbol galego pola morte de Marco Rodríguez Corbelle

A pasada semana, tras disputar un partido de fútbol, falecía Marco Rodríguez Corbelle, un dos integrantes do primeiro equipo infantil do Panteras en 1990.
Marco, que contaba 33 anos, chegou a Palaestra da man do seu irmán José Ramón "Corbas" e converteuse nun dos capitáns dos equipos no que se integrou, ademais de participar, aínda neno, nos encontros amistosos do equipo senior.
En 1991 foi un dos mellores xogadores na selección galega infantil nos Campionatos de España en Pamplona e nos anos seguintes a pesar de ser cadete participou nos Campionatos de España Xuvenis en Pamplona 1992 e Barcelona 1993, onde o Panteras disputou os seus partidos nos campos olímpicos de Viladecáns e Montjuic.
Logo da desaparición do Panteras pasou ao Tiburones, equipo co que obtivo o título de campión galego.
Para moitos Marco será sempre a imaxe do Panteras nos primeiros anos, pola sua presenza constante nos partidos de calquera categoría. Para a súa familia e amigos o noso máis sentido pésame.

Acompañando esta nova aparece a foto de Marco no banquiño do Campo de Monjuic e a nova que o Ideal Galego publicou do Campionato de España Infantil de 1991, no que se destacaba o seu xogo.