21/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto mais, semellante a outras xa publicadas e que nesta ocasión mostra aos xogadores de Panteras pertencentes á selección. De feito os pantalóns que empregaban na selección eran os do equipo infantil de Panteras, xa que o uniforme da selección so tiña tallas de adultos.

14/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra curiosa foto do Campionato de España Infantil en Pamplona, nesta ocasión vemos ao adestrador principal Enrique Sanguiñedo, facendo a aliñación do equipo no banquiño da terceira base, con parte dos xogadores arredor do mesmo.

12/11/11

1981: Portada de Strike 1

Esta era a portada da Revista STRIKE*1 editada polo Comité de Promoción da Federación Española de Béisbol y Sofbol en 1981. Eran 16 páxinas tamaño folio impresas en branco e negro.

07/11/11

1991: Campionato de España Infantil

Outra foto do Campionato de España, que amosa a todos os xogadores desprazados, xunto aos adestradores Enrique Sanguiñedo Álvares e José Ramón Rodríguez Corbelle. Acompañaba á expedición o presidente da Federación, Ernesto Pérez Ramil.

31/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Unha foto moi similar a outra xa posta aqui, na que aparecen os xogadores do Panteras que formaban parte daquela selección.
A verdade é que dada a carencia de medios en Galicia, xogar nun campo de béisbol era toda unha proeza daquela.
De feito sería mais ou menos por esta época que o presidente da Federación lograba o impensable; conseguir da Xunta de Galicia a construcción dun Campo de Béisbol en Acea de Ama.

24/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Pablo Castro foi un dos xogadores maís detacados daquel equipo.
De feito so a necesidade de facerlle lanzar todo o partudo final do torneo privouno da oportunidade de ser proclamado o mellor lanzador da proba, a pesar de que Galicia foi penúltima.
Neste caso aparece no Campo da Elipa.

17/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Un dos capitáns do Panteras; Roberto Pino Blanco, posando no campo do Arga, sede da maior parte dos partidos naquel campionato.
O trofeo, posiblemente ainda esté na sede da Federación Galega.

16/10/11

1991: Campionato de España Infantil

Hemeroteca. Esta imaxe xa a publicamos co motivo do falecemento de Marco Rodríguez e a traemos hoxe de regreso ao cumprirse 20 anos da súa publicación. Ideal Gallego, 16 de octubre de 1991. Desgrazadamente segue a ser pouco cotián adicar unha plana enteira ao noso deporte.