Join the thousands of fans playing WGT Baseball free on Facebook. Manage your
team and play in real MLB ballparks in this officially licensed MLB baseball
game. Compete against friends in monthly Seasons with new multi-inning games and
playoffs.
14/10/12
12/10/12
27/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Daniel Acevedo calentando dende o montículo e Marco Rodríguez en terceira base. O campo de Burlada non tiña herba. Hoxe está completamente cambiado.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
20/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Xantar na mesma instalación deportiva onde se disputaban a maioría dos encontros; no Campo de Burlada.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
13/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Foto do equipo de Panteras que disputou o Campionato de España Xuvenil en Pamplona en 1992. Dende a creación da Federación Galega de Béisbol en 1989, foi a primeira vez que un clube galego participaba nunha proba da Federación Española.
Panteras acudiu cun equipo de tan so 9 xogadores... asi que ningún se podía lesionar e non habia marxe para cambios.
Dous dos xogadores eran cedidos; Jorge Balaguer polo Génesis de Lugo e Daniel Amigo polo Wet-Backs de Sada.
Marco Rodríguez Corbelle disputou o Torneo pese a ser cadete de primeiro ano. Os seis restantes eran compañeiros de clase en Dominicos e coincidiu un ano que houbo problemas no exame de Selectividade, polo que houbo dúbidas na participación neste Torneo celebrado a primeiros de xullo.

10/08/12
10 de agosto
O 10 de agosto de 1992 na Final Olímpica de Béisbol en Barcelona 1992, Cuba gañou a medalla de ouro. Foi a primeira vez que o noso deporte era olímpico e non simplemente de exhibición.
Naquela ocasión non houbo "dream team", salvo o caribeño que obtivo unha vitoria inapelable (11-1) sobre Taipei na final. O fracaso foi para os estadounidenses, que nin sequera puideron consolarse co bronce, ao caer derrotados ante Xapón (1-7). Os equipos americanos e asiáticos foron os grandes animadores da proba
nos campos de Hospitalet e Viladecans.
O campo do anel olímpico en Montjuic era so de adestramento para as seleccións. Panteras xogou en 1993 en Montjuic e en Viladecans, no Campionato de España Xuvenil. De feito a foto que serve de fondo na web foi realizada no segundo dos campos.

Agosto,
Hemeroteca
06/08/12
1992: Amistoso na Torre
Unha foto mais deste amistoso celebrado en 1992. Quen aparece de espaldas é Daniel Acevedo, que foi presidente de adestrador do Panteras.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)