27/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Daniel Acevedo calentando dende o montículo e Marco Rodríguez en terceira base. O campo de Burlada non tiña herba. Hoxe está completamente cambiado.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
20/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Xantar na mesma instalación deportiva onde se disputaban a maioría dos encontros; no Campo de Burlada.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
13/08/12
1992: Campionato de España Xuvenil
Foto do equipo de Panteras que disputou o Campionato de España Xuvenil en Pamplona en 1992. Dende a creación da Federación Galega de Béisbol en 1989, foi a primeira vez que un clube galego participaba nunha proba da Federación Española.
Panteras acudiu cun equipo de tan so 9 xogadores... asi que ningún se podía lesionar e non habia marxe para cambios.
Dous dos xogadores eran cedidos; Jorge Balaguer polo Génesis de Lugo e Daniel Amigo polo Wet-Backs de Sada.
Marco Rodríguez Corbelle disputou o Torneo pese a ser cadete de primeiro ano. Os seis restantes eran compañeiros de clase en Dominicos e coincidiu un ano que houbo problemas no exame de Selectividade, polo que houbo dúbidas na participación neste Torneo celebrado a primeiros de xullo.

10/08/12
10 de agosto
O 10 de agosto de 1992 na Final Olímpica de Béisbol en Barcelona 1992, Cuba gañou a medalla de ouro. Foi a primeira vez que o noso deporte era olímpico e non simplemente de exhibición.
Naquela ocasión non houbo "dream team", salvo o caribeño que obtivo unha vitoria inapelable (11-1) sobre Taipei na final. O fracaso foi para os estadounidenses, que nin sequera puideron consolarse co bronce, ao caer derrotados ante Xapón (1-7). Os equipos americanos e asiáticos foron os grandes animadores da proba
nos campos de Hospitalet e Viladecans.
O campo do anel olímpico en Montjuic era so de adestramento para as seleccións. Panteras xogou en 1993 en Montjuic e en Viladecans, no Campionato de España Xuvenil. De feito a foto que serve de fondo na web foi realizada no segundo dos campos.

Agosto,
Hemeroteca
06/08/12
1992: Amistoso na Torre
Unha foto mais deste amistoso celebrado en 1992. Quen aparece de espaldas é Daniel Acevedo, que foi presidente de adestrador do Panteras.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.
Logo na súa etapa en EE.UU xestionou a compra da máquina de lanzar de Tiburones, hoxe na Universidade.
Etiquetas:
1992,
Fotos Históricas
28/07/12
Grafitti en Amberes
Un colaborador dun dos blogs do grupo que anda de Erasmus en Bélxica, enviounos este extraordinario grafitti, moi ben executado e nun país con pouco béisbol.
En Galicia xogaban cunha equipación semellante os Druidas.
En Galicia xogaban cunha equipación semellante os Druidas.
Etiquetas:
Curiosidades
25/07/12
A Comisión Xurídica do COI dá o visto e prace á fusión béisbol-sóftbol
A Comisión Xurídica do COI reunida en Londres deu o seu visto e prace á fusión das federacións de béisbol e sóftbol, que tentan con este movemento despexar o seu camiño de volta aos Xogos Olímpicos, dos que foron excluídas.
O alemán Thomas Bach, presidente da Comisión, expuxo hoxe á asemblea do COI que as Executivas das dúas federacións aprobaron a fusión, que agora deben referendar as súas respectivas asembleas. Se así o fan "haberá unha única federación, cun único presidente", precisou Bach.
Logo, para volver ao programa deportivo dos Xogos de 2020, esa nova federación deberá seguir o procedemento habitual: pedilo ao COI, someterse á consideración da Executiva deste organismo e, como último paso, ser aprobada pola asemblea olímpica na Sesión do próximo ano, en Buenos Aires.
O béisbol fixo a súa aparición nos Xogos en Barcelona'92 e o sóftbol en Atlanta'96, e ambos foron por última vez olímpicos en Pequín 2008. Por decisión do COI estarán fóra de Londres 2012 e de Río 2016. Se se aproba para 2020, terían a consideración dun único deporte con dúas disciplinas: o béisbol para os homes e o sóftbol para as mulleres.
Para os Xogos de 2020 porase en xogo unha praza no programa deportivo á que optan, ademais, kárate, patinaxe, squash, 'wakeboard', escalada, wushu e un dos que actualmente son olímpicos e que o COI desvelará o ano que vén. EFE

24/07/12
Ichiro a los Yankees
Los Yankees de Nueva York han adquirido al jardinero Ichiro Suzuki de los Mariners, a cambio de dos lanzadores de liga menor.
El japonés Ichiro, de 38 años de edad, batea .261 en el 2012, con porcentaje de embasarse de .288, 15 dobles y 15 bases robadas. En 12 temporadas lleva promedio de .322 con 2,533 hits, mayormente como primer bate de los Mariners.
Los Yankees se enteraron hace unos días que Brett Gardner no volverá para esta temporada, así que buscaban ayuda para los jardines.
De la organización de los Yankees pasaron a la de Seattle D.J. Mitchell y Danny Farquhar.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)